Saltar ao contido principal

Publicacións

CAMPEONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN

 Boas a todos bloggers, no día de hoxe veño a contarvos unha experiencia que vivimos os alumnos do ciclo fai un par de semanas e que me gustaría compartir con vós.  Nun primeiro intre, Eduardo explicounos cómo iba a ser organizada a carreira e o papel que nós teriamos que desenvolver no lugar da competición. Cada un de nós tiña un traballo que facer na carreira de orientación que se levou a cabo no parque de Frigsa en Lugo.   Os corredores tiñan que realizar un recorrido no menor tempo posible, seguindo a orde das balizas ata completalas todas.   E agora contareivos o papel que tivemos que facer os meus compañeiros e máis eu.  10 compañeiros tiñan que recibir aos distintos institutos que viñan ao campeonato, e ademais deberían de darlle a cada un dos participantes de cada instituto as tarxetas que se utilizaron na carreira para comprobar que o recorrido polas balizas foi correcto, ademais de controlar o tempo que tardaba o corredor en ir de unha baliza a outra, así como tamén o
Publicacións recentes

ADMINISTRACIÓN DE ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL

  Ola bloggers!  Boas a todos bloggers, na entrada de hoxe, imos a falar dun tema que me parece moi interesante e que me está a sorprender nas últimas semanas.  Desde principio de curso, Eduardo comentounos que ibamos a facer ao longo do curso distintas actividades no medio natural que servirían para ampliar os nosos coñecementos e ademais desfrutar e aprender novos deportes.  As actividades propostas polo profesor foron as seguintes: esquí ou snowboard en Candanchú, escalada, rafting, surf, senderismo e vela. Todas estas actividades conlevan un gran coste, polo que desde o primeiro momento empezamos a funcionar e a traballar en distintos aspectos para poder levar a cabo as actividades e tamén conseguir que o prezo destas fose menos elevado.  Por exemplo, para ir á neve, a axencia de viaxes coa que fomos, deunos unhas rifas de 2€ para poder vender e así gañar algo de diñeiro para poder financiar as actividades que quixeramos realizar.   Ao que quero chegar é ao inmenso esforzo

EXPERIENCIAS EN JACA

 Dende o 28 de xaneiro ata o 2 de febreiro tivemos a sorte 10 alumnos do grupo de ir a estación de esquí de Candanchú situada no Pirineo Aragonés. A viaxe ata Jaca, onde tiñamos ó hotel, foi dunhas 8 horas, un viaxe abondo largo e moi cansado pero que realmente mereceu a pena.  Nada máis chegar, fumos a probar o material para realizar snowboard e o martes comezou a rutina da semana na neve. Ás 7:15 debíamos levantarnos para prepararnos e baixar a almorzar ao comedor do hotel ás 7:45. Unha vez almorzados, debíamos coller o material necesario para ir a facer snow a Candanchú, a onde saíamos en bus as 8:30 da mañá. Sobre as 9 da mañá chegabamos á estación, collíamos as tablas e subíamos a facer snow ata as 12:30 da mañá, hora a cal comezaban as clases do curso de iniciación co noso profesor, Rafa, un crack coa tabla e un profesor moi agradable e divertido aínda que algo impaciente. Ás 14.15 o curso remataba, e a esa mesma hora baixabamos a comer ao restaurante que había na estación, e

VOLTA AO TRABALLO

Boas bloggers!  Benvidos a todos a primeira entrada do ano no meu blog Constancia! 😊  O primeiro tema do que me gustaría falar respecto as sesións destes 15 días é que as entradas non serán semanais, senón quincenais. Polo que a partires de agora as entradas publicareinas cada 15 días dende hoxe, co obxectivo de observar máis aspectos destacables durante sesións da asignatura e a súa vez, desenrolar de mellor maneira os temas que escolla comentar. Pois ben, dito esto, gustaríame destacar destas dúas primeiras semanas a adaptación do noso profesor ao espazo, como xa noutras entradas vos comentei, pero hoxe comentado de maneira máis extensa.   O espazo é un medio moi importante que un técnico de actividades físicas e deportivas debe manexar en calquera situación para levar a cabo a actividade física. Simplemente nunha metade da cancha do polideportivo, o noso profesor foi capaz de que todo o grupo estivese a traballar nos diferentes tipos de salto dentro do atletismo (salto de

FELIZ ANO NOVO

 Esta entrada está adicada especialmente a desexarvos a todos un feliz ano novo e que todos consigades os vosos obxectivos.  Respecto ao ciclo, espero que todo siga sendo igual e incluso mellor, e persoalmente mellorar as notas desta primeira avaliación.  O dito, moi feliz ano novo a todos amigos bloggers, que teñades un grandísimo 2018. 😄😉👌                                       

ELECCIÓN DO MELLOR BLOG

  Boas bloggers, esta mañá na clase de Eduardo adicámonos a elixir o mellor blog da clase.   En primeiro lugar, Eduardo dividiu a clase en grupos de 6 ou 7 persoas, e ademais, dividiu cada grupo por parellas. Cada parella debía observar os blogs de parellas de outros grupos, comentar sobre el e facer a elección do mellor blog da parella en cuestión.   A compañeira coa que tiven que comentar o blog foi Sara Flores, e tivemos que elixir entre os blogs de Andrea e de Éric. Sara e máis eu observamos ambos blogs, dándolle maior importancia ao contido (apuntes de natación, entradas semanais, expresión...) e decantámonos polo blog de Éric posto que tiña feitos todos os apuntes de natación e ademais todas as entradas semanais dunha maneira máis elaboradas e mellor expresadas.  Pola contra, o diseño do blog de Andrea na nosa opinión era máis adecuado e agradable para ler, pero aínda así o contido e a expresión de Éric fixo que nos decantásemos polo seu blog, como anteriormente vos dixen.

ADAPTARSE AO CLIMA

Ola bloggers! Boas a todos, outra semana máis rematada, e xa se achega o fin da primeira evaluación.   Esta semana foi sen dúbida a máis diferente de todo o que levamos de curso, agás o luns na piscina, debido a que a chegada do frío nesta última semana, condicionou a maneira de levar as clases.  A adaptación ao clima foi sinxela por parte do profesor, xa que semanas pasadas puidemos aproveitar e gozar das pistas para practicar as técnicas de vallas, de salida de tacos, de paso de relevo... polo que en realidade non perdimos nada, senón que seguimos traballando estos conceptos dende a aula de informática e tamén dende a nosa aula do ciclo.  En resumo, esta semana foi de observación de aspectos da técnica de natación e ademais de observación de vídeos sobre a técnica de vallas e de outros aspectos do atletismo relacionados cos artigos correspondentes aos blogs.  Persoalmente quedeime coa idea de que aínda que faga un tempo meteorolóxico non moi bo, pódese seguir a pra